ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Limpeza submariña

29-11-2014

Limpeza submariña

O próximo sábado 29 de novembro ADEGA colabora na Limpeza Submariña organizada pola CEMMA, que se celebrará no Concello de Cervo (Lugo), na Praia de Cubelas a partires das 10:00.

A limpeza enmárcase nunha xornada de educación ambiental e de conservación do medio mariño, na que haberá diferentes actividades.

As persoas que o desexen poderán participar tanto nas actividades en terra (obradoiros, recuperación de fauna mariña recollida...), como nas actividades mariñas (en caso de posuir título de mergullo).

Haberá xantar para @s participantes e pola tarde unha mesa redonda sobre o impacto da contaminación no medio mariño.

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: 19 de novembro
CONTACTO MERGULLADORAS/ES: CAS Costa de Lugo  cascostalugo@gmail.com 637 729 123 (Julio)
CONTACTO CEMMA: voluntariadocemma@gmail.com 646 013 385 (Paula)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal