ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Mini-roteiro polas Fragas de Trasbar

12-07-2014 / Cervo

Mini-roteiro polas Fragas de Trasbar

Cartaz do mini-roteiro

MariñaPatrimonio, coa colaboración de ADEGA, e dentro da campaña COUSA DE RAÍCES, pola posta en valor e recoñecemento do bosque galego, organiza para o próximo sábado 12 de xullo un roteiro pola fraga de Trasbar, no concello de Cervo. As persoas que queiran participar neste mini-roteiro achegaranse ás 16h á igrexa de Rúa, dende onde se partirá en vehículos particulares até o lugar onde o Rego Grande verte as súas augas no río Covo.

Aquí comezará o roteiro a pé durante uns 5km (ida e volta). Será un percorrido tranquilo, no que iremos vendo todo o que agocha esta fraga na que abundan as arandeiras, que nesta época do ano adoitan estar inzadas de saborosos arandos. O prezo da actividade é de 3€. Para nenos/as, desempregados/as e socios/as a actividade é gratuíta. Para consultar calquera dúbida, mr.patrimonio@gmail.com /tfn. 654173637

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal