ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Día da Agra na Eira da Xoana

10-05-2025

Día da Agra na Eira da Xoana

Un día para celebrar a terra, a cultura e a comunidade. Acompáñanos este sábado, 10 de maio, nun encontro único na Eira da Xoana. Será unha xornada chea de natureza, memoria, música e loita compartida.

Este é o programa:

11:30 h – Chegada e benvida coa recepción da Fundación.
12:00 – 14:00 h – Visita guiada á queixería de Arqueixal e á súa proposta cultural.
Achega solidaria de 5 €, en apoio á loita contra a celulosa de ALTRI.
14:30 – 16:30 h – Xantar compartido: trae algo para comer e compartimos mesa, conversa e sabor!
16:30 h en diante – Homenaxe a Luz Fandiño co colectivo Gosto de vivir a poesía.

Foliada aberta con:
– Raíñas ao lado de...
– Maraxe
– Eira da Xoana Folc
– E ti, se te animas!

⏳ Cando rematamos? Cando así o decidamos entre todas

ALTRI NON!

Organiza: Asociación veciñal Agra do Orzán
Colaboran: Fundación Eira e Asociación Ecoloxista ADEGA

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal