ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Foliada pola Lingua 17 de maio

17-05-2025

Foliada pola Lingua 17 de maio

Este 17 de maio voltaremos ás rúas co clamor unánime de Lingua vital xa!

Desde a plataforma Queremos Galego!, da que fai parte ADEGA, convidan a cidadanía galega a que na manifestación que sairá ás 12h da Alameda de Santiago, o baile e as pandeiretas enchan as rúas para rematar na praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua. Será a grande homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. Por moito que a tentaron calar, a música galega rexorde unha e outra vez e, con ela, tamén a nosa lingua.

Para organizar o espazo para tocar e bailar apúntate ti, á túa agrupación ou amizades neste formulario.

LINGUA VITAL XA!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal