Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de invasoras no río...
24-04-2025
ADEGA organiza unha nova xornada de voluntariado no río Tambre, ao seu paso polo concello de Ames, no marco do proxecto Fluviatilis. Terá lugar o próximo xoves, 24 de abril, de 17:00 a 20:00 horas. Nesta ocasión, continuaremos coa eliminación de Tradescantia fluminensis no río Tambre, facendo labores de seguimento das xornadas anteriores e actuando sobre os posibles rebrotes. En accións anteriores, para evitar a propagación da planta, realizouse un sombreado artificial nas parcelas obxectivo, que foi retirado en decembro de 2024. Valorarase a efectividade desta técnica de control e continuaremos retirando de maneira manual os rebrotes que foran xurdindo. Para fortalecer estas accións, faremos unha revexetación na zona con plantas autóctonas.
17:00 h.- Recepción do voluntariado participante
17:15 h.- Introdución á problemática das EEI nos ecosistemas fluviais
17:45 h.- Desprazamento ata a zona de traballo
18:00 h.- Eliminación de Tradescantia fluminensis e revexetación
19:00 h.- Descanso
19:30 h.- Recollida dos restos eliminados e avaliación da actuación
20:00 h.- Remate da actividade
Para acudir, necesítase inscrición previa no seguinte correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal. Indica o teu nome, apelidos, D.I. e teléfono de contacto. Anímate!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal