ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Campaña de doazóns Xustiza para o...

Do 28-03-2025 ao 28-06-2025

Campaña de doazóns Xustiza para o Ulla

"Xustiza para o Ulla" é a campaña de recadación solidaria impulsada por ADEGA para a defensa xurídica do Ulla fronte ás dúas ameazas ambientais máis graves ás que se enfronta: a macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. A través desta iniciativa, procuramos reunir os fondos necesarios para enfrontar as accións xurídicas precisas co obxectivo de frear ambos proxectos, extremadamente contaminantes e depredadores do territorio. 

Temos xa un primeiro reto importante no que precisamos a túa axuda: recadar antes do 28 de xuño un total de 39.100 euros, cos que presentaremos recursos xurídicos para acadar dous fins: que se anule a Autorización Ambiental Integrada de Altri e que se arquive o expediente da concesión de augas de Altri.

A loita contra Altri e contra a mina de Touro-O Pino gañarémola nos tribunais. Contigo. Fai XA a túa doazón, fai xustiza!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal