ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Resultados da escavación en Santo Estevo...

30-03-2025

Resultados da escavación en Santo Estevo do Ermo

O vindeiro domingo, 30 de marzo, terá lugar ás 19:00h unha charla nas Escolas Vellas de Barreiros (Lugo) sobre os resultados da escavación arqueolóxica realizada en Santo Estevo do Ermo.

A conferencia estará a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido, director da intervención. Durante a charla expoñeranse os achados máis significativos desta escavación, que permitiron afondar no coñecemento da historia e do patrimonio do lugar. Será unha oportunidade para que o público coñeza de primeira man os traballos realizados.

O acto está organizado por Mariña Patrimonio, Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) e conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación Provincial.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal