Inicio / Axenda / Outras actividades / Pide que se arquive a solicitude de augas das...
12-03-2025
ADEGA reclama da Xunta o arquivo da solicitude de augas das centrais de bombeo na Ruña (Mazaricos) por vencer o prazo legal para resolver, ao igual que acontece coa concesión de Altri. E ti tamén podes facelo!
O Regulamento do Dominio Público Hidráulico establece un prazo máximo de 18 meses para que a administración competente, neste caso Augas de Galiza, resolva un expediente de concesión de augas. O procedemento debería ter sido resolto, como moi tarde, o 27 de outubro de 2024.
📄📥 Reclama que se arquive a solicitude de concesión de augas:
👉 DESCARGA o documento de solicitude (non intentes cubrir os teus datos en Drive. Descarga o documento): bit.ly/arquivo_augas_ruña
👉 Cumprimenta os teus datos e asínaa.
👉 Preséntaa por rexistro físico ou electrónico.
👉 Súmate a ADEGA para que poidamos seguir traballando pola defensa do medio ambiente galego!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal