ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada informativa sobre a herba da Pampa e as...

07-06-2014

Xornada informativa sobre a herba da Pampa e as especies invasoras en Cambre

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Cambre, por mor do Día Mundial do Medio Ambiente, organiza unha xornada de información e reflexión sobre a proliferación e o impacto das especies vexetais exóticas invasoras, en particular a herba da Pampa (Cortaderia selloana). A introdución destas plantas é na actualidade unha das ameazas máis importantes para a biodiversidade do planeta, do noso municipio, e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

A xornada terá lugar o sábado 7 de xuño durante a mañá. Comezará na Casa da Cultura de Cambre, en Vila Concepción (O Seixal), cunha mesa redonda na que coñeceremos que son plantas exóticas invasoras e como se erradican, en concreto a herba da Pampa. A continuación farase unha demostración de como eliminar esta especie nun espazo próximo á Casa da Cultura.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal