Inicio / Axenda / Outras actividades / Palestra: Residuos, Incineración e...
13-03-2025
A asociación ecoloxista ADEGA, en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), organiza a conferencia “Residuos, Incineración e Saúde”, impartida por Fernando Palacios, investigador do Departamento de Biodiversidade e Bioloxía Evolutiva do CSIC. O acto terá lugar no Centro Universitario de Riazor (CUR) e contará coa participación de Xandro García, coordinador de ADEGA-Coruña, e Manuel Soto, profesor da UDC, na presentación. A conferencia abordará os efectos nocivos da incineración de residuos para a saúde, un tema de especial relevancia para a comarca da Coruña, que arrastra unha grave crise na xestión do lixo. Achégate!!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal