ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / A minaría a debate: repercusións económicas,...

12-03-2025

A minaría a debate: repercusións económicas, laborais e medioambientais

A organización ecoloxista ADEGA, da man do seu secretario técnico, Fins Eirexas, participará no encontro A minaría a debate: repercusións económicas, laborais e medioambientais organizado pola CIG no marco do XIII Salón Previsel (Salón de Prevención e Seguridade Laboral). Terá lugar o próximo mércores, 12 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas. 

Relatores:

  • Fins Eirexas Santamaría, xeólogo e ecoloxista, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA)
  • Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM)
  • Carlos Martínez, en representación da Cámara Mineira de Galicia
Modera Anxo Pérez Carballo, Secretario Comarcal da CIG de Ourense e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.
Clausura Xulia González Pascual, Secretaria Confederal de Saúde Laboral da CIG. 
O acto consistirá nunha exposición dos relatores, para dar paso ás preguntas do público.

Achégate! 



ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal