Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación contra Altri e a Mina de...
22-03-2025
ADEGA fai un chamamento a toda a sociedade galega para que participe na mobilización do vindeiro 22 de marzo, que convoca a Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA), co apoio da Plataforma Ulloa Viva e da Plataforma Mina Touro-O Pino Non, con motivo do Día Internacional da Auga e baixo o lema “Na defensa do noso mar e da nosa terra”. Esta marcha, que se celebrará por terra e por mar, conxuga as principais loitas ambientais na defensa do río Ulla e da ría de Arousa contra a implantación da celulosa de Altri e a reapertura da Mina de Touro. Ten que ser unha protesta social masiva! Agardámoste!
👉🏼 Toda a info sobre o servizo de autobuses aquí.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal