Do 14-02-2025 ao 14-04-2025
ADEGA reclama da Xunta o arquivo da solicitude de augas de ALTRI por vencer o prazo legal para resolver. E ti tamén podes facelo!
O Regulamento do Dominio Público Hidráulico establece un prazo máximo de 18 meses para que a administración competente, neste caso Augas de Galiza, resolva un expediente de concesión de augas. Altri presentou a súa solicitude en novembro de 2022. Os 18 meses concluíron en setembro de 2024. Polo tanto, a solicitude debería entenderse desestimada.
📄📥 É hora de actuar:
👉 DESCARGA o documento de solicitude (non intentes cubrir os teus datos en Drive. Descarga o documento): bit.ly/arquivo_augas_altri
👉 Cumprimenta os teus datos e asínaa.
👉 Preséntaa por rexistro físico ou electrónico.
👉 Súmate a ADEGA para loitar contra a macrocelulosa de Altri e defender o medio ambiente!
Altri Non!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal