23-02-2025
"Lingua vita xa! Paremos a emerxencia lingüística!". Baixo este lema, a plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, entre elas ADEGA, convoca a sociedade galega a manifestarse o próximo domingo, 23 de febreiro (Día de Rosalía), en Santiago de Compostela. Queremos Galego anima a toda Galiza a transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora!
Toda a información sobre os autobuses dispoñibles para acudir, podes consultala aquí: https://www.queremosgalego.gal/autobus-2/
Vémonos nas rúas!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal