ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Curso de verán UDC: INICIATIVAS DE...

Do 01-07-2014 ao 04-07-2014

Curso de verán UDC: INICIATIVAS DE CONSERVACIÓN AMBIENTAL E PARTICIPACIÓN SOCIAL

Datas, lugar e duración:   1, 2, 3 e 4  de xullo. Lugar: Facultade de Ciencias 8 (salón de actos), A Zapateira, A Coruña. Horas de duración: 23. Recoñecemento académico: 1 crédito de libre elección (titulacións a extinguir)  ou 1 crédito por actividades nas titulacións de graos.
 
Responsábeis:
Dirección: Manuel Soto Castiñeira (UDC); Secretaría: Fins Eirexas Santamaría (ADEGA)  

Obxectivos:


Principais:  
-Achegarnos ao panorama actual das figuras de conservación en relación coas posibilidades de participación da cidadanía e as organizacións sociais na súa xestión.  
-Dar a coñecer as ferramentas de intervención do voluntariado e as organizacións sociais para deseñar e poñer en práctica iniciativas de conservación ambiental.
-Divulgar distintas iniciativas reais de conservación ambiental nos que o voluntariado e á participación social é a protagonista.  
-Fomentar a implicación da cidadanía en proxectos tanto particulares como institucionais que contribúan á conservación do patrimonio natural e ao seu aproveitamento sustentábel.  

Outros obxectivos:
  A xestión do patrimonio natural a través das diferentes figuras de conservación, particularmente aquelas que se basean na intervención directa da cidadanía, ten tamén implicacións en diferentes eidos, como a creación de emprego verde e as iniciativas produtivas respectuosas coa contorna, a educación e investigación, o consumo sustentábel, etc.  

A quen se dirixe:
A todo o público interesado en coñecer problemática ambiental e en participar activamente en experiencias que contribúan á conservación e posta en valor do patrimonio natural. Ao alunado da UDC en xeral, e en particular ao das disciplinas de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo e dereito.

Programa

Martes 1 de xullo
9.30h – 14.30h
Marco normativo:
-Figuras e instrumentos legais de conservación
-Estratexias e ferramentas de conservación
-Posibilidades e canles oficiais de participación social
Profesorado: Fins Eirexas  

Mércores 2 de xullo

9.30h – 14.30h
Custodia do territorio e participación social: -Definición e tipos de custodia: Iniciativas e experiencias en Galiza
-A custodia fluvial: O Proxecto Ríos
Profesorado: Ramsés Pérez Francisco Bañobre  

Xoves 3 xullo

10h – 18:30h
-Visita á iniciativa de custodia “Fragas do Mandeo” nas Mariñas Coruñesas (Betanzos)
-Visita ao Museo da SGHN (Ferrol)
-Visita á iniciativa de custodia “Val de Esmelle” (Ferrol)

Venres 4 xullo

9.30h – 12:30h
-A custodia marítima
-O proxecto “Charcas con Vida”  
Profesorado: Lucía Parente Alfredo López, CEMMA  
12:30h – 14:00h
Visita aos proxectos de conservación e custodia no campus da UDC
Guías:
ADEGA, Elvira Sahuquillo  
14:00-14:30h Avaliación  


VISITAS DO CURSO DE VERÁN
Proxectos de custodia do territorio en Ferrolterra


Xoves 4 de xullo

10.00h Saída da Universidade de A Coruña
10.30h Chegada a Betanzos para coñecer a iniciativa “Fragas do Mandeo”
12.00h Fin da visita e traslado a Ferrol
12.30h Visita ao museo da SGHN-Custodia marítima
14.00h Traslado á costa de Ferrol. Xantar
16.00h Visita á iniciativa veciñal “Val de Esmelle”
18.00h Remate da actividade e volta á UDC  

O obxecto das visitas é coñecer experiencias de custodia do territorio tanto marítima como terrestre. A custodia do territorio é unha ferramenta para a conservación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico do territorio na que o protagonismo descansa nos seus habitantes.  

Mais información:

http://www.fragasdomandeo.org/

http://www.sghn.org/Seccion_Museo_Historia_Natural/Presentacion_Museo_Historia_Natural.html
www.valledeesmelle.com

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal