Inicio / Axenda / Outras actividades / Parlamento aberto: Contra Altri, polo futuro
15-02-2025
ADEGA participa no encontro "Contra Altri, polo futuro. O pobo ten a palabra!", organizado polo BNG o próximo sábado, 15 de febreiro, na Sala Domingo Fontán do Pazo do Hórreo, de 10 a 14 horas.
Nela intervirá, na segunda parte do acto, a doutora en hidroloxía e xestión de recursos hídricos, portavoz de augas de ADEGA, Ana F. Santamariña, canda a Marta Gontá, portavoz da plataforma Ulloa Viva, e Xaquín Rubido, biólogo, presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA).
Información e inscricións
Prazas limitadas. As persoas interesadas en asistir teñen que enviar un correo cos datos persoais (nome completo, documento de identidade, teléfono) e, de ser o caso, entidade á que pertencen ao seguinte enderezo: gp-bng@parlamentodegalicia.gal antes das 14 h do xoves 13 de febreiro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal