Inicio / Axenda / Educación ambiental / Exposición sobre invasoras en Vila de...
Do 14-05-2025 ao 28-05-2025
O CEIP de Vila de Cruces é a nova parada da exposición Unha invasión silenciosa: a biodiversidade ameazada, de ADEGA. A asociación achega así ao alumnado os problemas que presentan as especies exóticas invasoras no medio natural. En concreto, a exposición instalouse o martes, 14 de maio, e estará dispoñible para consulta durante dúas semanas.
Neste tempo, o alumnado poderá analizar os contidos da exposición e realizar actividades de sensibilización sobre a ameaza das especies invasoras nos ecosistemas fluviais. O último día da mostra, o persoal de ADEGA tamén fará unha saída ao río coa rapazada para analizar a súa calidade e coñecer de primeira man os impactos das invasoras.
ADEGA continúa coas actividades programadas dentro do Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR ), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal