26-01-2025
A Coordinadora Eólica Así Non! convoca mobilización descentralizada o domingo, día 26 de xaneiro, coincidindo co Día Mundial da Enerxía Limpa, para denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza. Un modelo que non ten en conta os intereses da poboacióne que non ofrece garantías de preservación medioambiental. Mobilízate por unha nova planificación eólica real, con obxectivos sociais e ambientais! Agardámoste!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal