ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Charla sobre Altri en Vilagarcía

30-11-2024

Charla sobre Altri en Vilagarcía

ADEGA, a través do seu secretario técnico, Fins Eirexas, participará na charla informativa sobre os impactos da macrocelulosa de Altri que organiza a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa. Terá lugar en Vilagarcía (Edificio do Mexillón de Galicia) o próximo sábado, 30 de novembro, ás 7:00 h da tarde. Canda ADEGA, tomará a palabra o xeógrafo Horacio García, e a presidenta das mariscadoras a pé de Carril, María Porto. Agardámoste! 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal