ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de invasoras no Tambre

21-11-2024

Eliminación de invasoras no Tambre

ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, organiza unha nova xornada de voluntariado ambiental para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tambre. A actividade terá lugar ao seu paso polo concello de Ames o próximo xoves, 21 de novembro. En concreto, os traballos centraranse na retirada manual dos rebrotes de T. fluminensis e na valoración da técnica empregada, así como na retirada do sombreado.

Aproveitaremos para realizar unha revexetación con hedra na zona para que compita coa planta invasora.

A actividade terá a seguinte temporalización:
11:00 h.- Recepción do voluntariado participante
11:15 h.- Problemática das EEI nos ecosistemas fluviais e explicación das actuacións
11:45 h.- Desprazamento ata a zona de traballo 12:00 h.- Eliminación de T. fluminensis e revexetación
14:00 h.- Descanso 14:30 h.- Recollida, avaliación da actuación e regreso
15:00 h.- Remate da actividade

Para acudir, necesítase inscrición previa no seguinte correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal indicando nome, apelidos, D.I. e teléfono de contacto.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal