ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / I Xornadas sobre Recursos Naturais e...

Do 16-11-2024 ao 17-11-2024

I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade en Soutomaior

Este sábado 16 e domingo 17 de novembro, ADEGA colabora na organización das I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade do Concello de Soutomaior que se celebrarán na Casa da Cultura "Rexina Míguez". Incluirán unha saída micolóxica, mesas redondas sobre xestión multifuncional do monte, comunidades enerxéticas, obradoiros e magosto final.

Sábado 16

16:00h - 18:00hSaída micolóxica polos montes de Soutomaior con ‘MycoGalicia Plantae’.

Domingo 17

11:00h Apertura de portas: acto oficial de presentación das xornadas.


11:15h – 12:45h. Mesa redonda ‘A Xestión sostible do monte’.

  • Interveñen:
Luís González Rodríguez. Catedrático de Bioloxía Vexetal. UVIGO/CISPAC.
Antón Arauxo. Presidente da CMVMC Couso.
Miguel Leirós. ADEGA, membro da directiva de Couto da Eirexiña.   

11:15h – 12:45h Obradoiro: ‘Estruturas vivas: construcción de valados vexetais’.
  • Dirixido por: José Vázquez. Cesteiro e vogal de ADEGA
13:00h- 14:30h. Coloquio: Autoconsumo e comunidades enerxéticas’.
  • Interveñen:
Xavier Simón Fernández. Catedrático de Economía Aplicada. UVIGO/ CISPAC.
Gonzalo Pérez e Bruno Dutto. Membros da CMVMC Tameiga (Mos)

13:00h- 14:30hObradoiro ‘Arborea’: creación dun caderno de árbores autóctonas e bombas de sementes.
  • Dirixido por: Gaspar Bernárdez: Enxeñeiro forestal e Doutor en Investigación Agraria e Forestal

14:30h - 16:30h XANTAR CON PETISCOS DE TEMPADA Empanada de cogumelos, caldo galego, lacón braseado estilo á feira e pudin de castañas. Viño, auga e pan.

16:30h - 18:00h Charla: ‘Os coutos micolóxicos’, exposición micolóxica e obradoiro de cultivo de cogomelos.
  • Dirixido por: MycoGalicia Plantae

18:00h – 19:00h Boa práctica. Presentación ‘O Couto da Eixeriña’.

  • Intervén: Jose Vázquez. Vogal de Custodia do Territorio ADEGA.

19:00h -19:15h Reflexións finais. Peche 

19:30h – 20:30h Magosto e música. Actuación musical ‘Curtidoira’ .

As prazas para os obradoiros e a saída están completas, mais animámosvos a asistir ás mesas redondas que se celebran simultaneamente nas que debateremos sobre xestión multifuncional do monte, comunidades enerxéticas e proxectos de custodia. Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal