ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteiro polo Tambre á procura de cogomelos

16-11-2024

Roteiro polo Tambre á procura de cogomelos

ACTUALIZACIÓN: PRAZAS ESGOTADAS!

ADEGA, no marco do Proxecto Ríos, organiza un roteiro pola ribeira do Tambre, ao seu paso por Sigüeiro, para a identificación de cogomelos. Terá lugar o próximo sábado, 16 de novembro, cunha duración de, aproximadamente, 4 horas, en horario de 10:00 h a 14:00 h.

O roteiro estará guiado por Santiago Corral da Agrupación Micolóxica - Naturalista Liboreiro de Bueu.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través deste FORMULARIO.

As persoas inscritas recibirán un correo co punto de encontro e as normas básicas para o roteiro.

Programa:

10:00 h Recepción das persoas participantes e presentación.
10:30 h Inicio do roteiro.
12:30 h Descanso.
14:00 h Remate da xornada.

Esta é unha actividade financiada pola Deputación da Coruña.

Anímate e ven canda nós!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal