ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Recollida de sinaturas ILP Liberemos a Galega!

22-10-2024

Recollida de sinaturas ILP Liberemos a Galega!

“Por una CRTVG ao Servizo do Pobo” porá mesas nas rúas para iniciar a recollida de sinaturas en apoio da ILP “Liberemos a Galega”, provomida por un bo número de colectivos e organizacións sociais, entre elas ADEGA. Estarán instaladas en 16 cidades e vilas o vindeiro martes, día 22 de outubro.

O acto principal co que arrinca a recollida de apoios terá lugar en Santiago de Compostela, ás 17:00 horas, diante da cafetería Derby. A Plataforma fai un chamamento ás galegas e galegos a manifestar o apoio masivo a esta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Denuncia o control político ao que están sometidos os medios de comunicación públicos, TVG e Radio Galega, e reclama que se poña fin á manipulación informativa.

A ILP ten como obxectivo, ademais, que a CRTVG cumpra os fins para os que foi creada: promoción e defensa da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura; garante do pluralismo ideolóxico, político, cultural e social e promoción activa da igualdade. Cuestións que considera esenciais para o normal funcionamento do noso sistema democrático.

Mesas nas rúas. 22 de outubro

Compostela: ACTO NACIONAL. 17.00 horas, no Derby.
A Coruña: Obelisco, 17:00 h
Ferrol: Praza de Armas, 17:00 h.
Carballo: esquina rúa Coruña coa rúa Desiderio Varela, 17:00 h
Ribeira: ás 17.00 h. na Praza Pablo Neruda.
Lugo: Rúa da Raiña ás 17.30h.
Viveiro: Praza Maior ás 18h.
Ribadeo: Catro rúas ás 18h.
Monforte: Cardenal ás 17 horas.
Ourense: rúa do Paseo ás 17h.
Carballiño: Rúa Curros Enríquez ás 18h.
O Barco : Praza do Concello ás 17 horas.
Verín: Praza do Concello ás 17.30h.
Pontevedra: praza da Peregrina ás 17 horas.
Vilagarcía: Praza de Galiza ás 17h.
Vigo: enfrente do mercado do Calvario, 17h.

Nos locais de ADEGA

No local de ADEGA Nacional en Compostela (Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704) hai pregos a disposición para asinar, e axiña estarán dispoñibles en delegacións de ADEGA.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal