ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / IX Campo de Voluntariado Ambiental do Río...

Do 30-05-2014 ao 01-06-2014

IX Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea

Xa estamos preparando o próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea. Será o 30, 31 de maio e 1 de xuño, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007.

Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes IX Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado. 

Desta vez realizaremos un seguimento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.  O aloxamento, como doutras veces, será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). 

O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas.  Se queres participar cubre a preinscrición: Inscricion_IX_Campo_Tea.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos. Inscricións e máis información: ramses@adega.gal Telf/Fax: 981 57 00 99. Móbil: 619 672 038 / 616 238 050.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal