ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada sobre enerxías renovables

29-10-2024

Xornada sobre enerxías renovables

ADEGA, da man da súa secretaria executiva, Belén Rodríguez, participará nas xornadas "Os procesos de gobernabilidade e participación na instalación de plantas de enerxías renovables" que terán lugar o próximo martes, 29 de outubro, de 10:00 a 12:30 horas na sede do CISPAC (Edificio Fontán, Cidade da Cultura S/N, sala 9), en Compostela. Están organizadas polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), REDS-SDSN Spain, Eudemon e INSTA - Servizos Xurídicos Ambientais.  

O encontro ten como propósito xerar un espazo de diálogo multi-actor arredor dos procesos de gobernabilidade e participación na instalación de plantas de enerxías renovables, así como presentar as recomendacións e propostas consensuadas na folla de ruta co-creada durante as sesións de Renovables co Territorio

Inscríbete!

Para asistir cómpre inscribirse no seguinte FORMULARIO. Se precisas máis información podes poñerte en contacto con Carolina Quintero Zamora (carolina.quintero@reds-sdsn.es) ou con Cecilia López (cecilia.lopez@reds-sdsn.es) de REDS-SDSN Spain. 

Acompáñanos!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal