ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Esmelga na Eira da Xoana

12-10-2024

Esmelga na Eira da Xoana

A Fundación Eira da Xoana de ADEGA fai un convite a observar e participar nunha esmelga na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) o próximo sábado, 12 de outubro. O punto de encontro será ás 11 :00h en Furelos (ubicación: 42°54'33.8"N 7°59'33.1"W) para ir ás colmeas, das que se traerán os panais para a Eira. Ás 12:00h farase a esmelga. Contamos contigo! Doces apertas!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal