ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Saída formativa do Proxecto Ríos en...

13-10-2024 / 13 de outubro

Saída formativa do Proxecto Ríos en Vigo

O Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, organiza unha actividade de formación dirixida a público xeral que teña interese en desenvolver unha actividade de educación ambiental en torno ao coñecemento dos ríos. Esta saída terá lugar o próximo domingo 13 de outubro, na Ponte Abeleira (ponte medieval de Sárdoma) do río Lagares de 10:30 a 13:30.

O obxectivo desta saída ao río é a de dar a coñecer a metodoloxía empregada nas inspeccións dos ríos para o cal mediremos unha serie de parámetros, faremos recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río.


Programa

10:30 Recepción.
10:45 Presentación do Proxecto Ríos e explicación da metodoloxía.
11:15 Saída ao río para a recollida de macroinvertebrados.
11:45 Identificación de macroinvertebrados.
13:00 Medición de parámetros.
13:30 Remate.


Inscríbete! O curso é gratuíto, mais cómpre inscribirse previamente a través deste FORMULARIO.

Se tes calquera dúbida, podes escreber a adegavigo@adega.gal .

Anímate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal