ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontro ecoloxista Temos Raíces

Do 19-10-2024 ao 20-10-2024

Encontro ecoloxista Temos Raíces

A Federación Ecoloxista Galega, da que fai parte ADEGA, organiza para o fin de semana do 19 e 20 de outubro o encontro ecoloxista "Temos Raíces", con diversidade de mesas redondas ao longo da mañá e da tarde do primeiro día, e cun roteiro polas Fragas do Eume xa para o segundo. Os actos desenvolveranse no Albergue Alvarella (Vilarmaior).

En concreto, a xornada procura mirar ao pasado para coller folgos de cara ao futuro. Na mañá do día 19 organizaranse dúas palestras: unha sobre o Forestal e e a Rede Natura 2000 e outra sobre o Impactos dos proxectos industriais nos espazos naturais. Pola tarde presentarase unha primeira peza audiovisual de recuperación da memoria, a cargo de Xacobe Meléndrez, e haberá espazo para encontrarse con moitas das persoas participantes do documental, que participarán dunha dinámica sobre o futuro do movemento. Continuarase a xornada coa parte festiva, coa peza teatral “Dramón en Vilarmaior” a cargo da Pequena compañía de nenos enormes, e rematarase con música grazas á actuación musical de Blues do País.

O domingo 30 está previsto un roteiro polas Fragas do Eume grazas á colaboración da Asociación Betula de Custodia do Territorio, que fará un percurso polo entorno patrimonial natural e cultural do Parque Natural.

Inscríbete! Procuramos voluntarias!

ADEGA terá un posto informativo nestas xornadas, e precisamos persoas voluntarias que nos axuden a atendelo. Se ti tes dispoñibilidade, escríbenos a organizacion@adega.gal.

Para acudir ás xornadas cómpre inscribirse a través deste formulario: https://forms.gle/eDWNoa1VsjnMRaVv9

Vémonos!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal