ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Encontro solar na UDC

14-05-2014

Encontro solar na UDC

O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese é dicir, é a orixe de gran parte das fontes de enerxía: hidráulica, eólica, biomasa, carbón... Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.

O Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

Programa

Durante toda a xornada de 11h-17h haberá unha exposición de aparellos solares, como cociñas, fornos solares, e outros. Tamén contaremos con Gastronomía solar, degustación de pratos elaborados con enerxía solar, sorprenderavos!

12:00 Charla  Som Energía  COOPERATIVA produtora-comercializadora Electricidade certificada 100% Renovable
Estructura da charla: - Breve historia do mercado eléctrico, para encadrarnos na situación actual e o seu funcionamento. - Presentación da cooperativa e explicación-comparación das facturas. - Consellos de aforro enerxético. - Rolda aberta de intervencións.
Relator: Javier Pombo Sánchez. Socio de Som Energía e colaborador do grupo local Som Enerxía Galiza.
Lugar: Salón de Graos da Fac. de Socioloxía.

13:00 Visita guiada por Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC) a unha instalación fotovoltaica (para a que será necesario reservar praza no correo oma3dc.es). O punto de encontro será a mesa da OMA (no propio Encontro Solar, aparcamento da Fac. de Socioloxía).

Para esta actividade dependemos do tempo, polo que o luns 12 confirmaremos ou adiaremos a actividade segundo a previsión meteorolóxica.
 
Esperámosvos!! 

Podes atoparnos en:
Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC Twitter: @OMA_UDC

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal