ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Alega ao proxecto do parque...

Do 15-09-2024 ao 27-09-2024

Alega ao proxecto do parque eólico/fotovoltaico Neboreiro na Ribeira Sacra

Este proxecto forma parte dun parque eólico maior, xunto co parque eólico Ferroedo, que afectaría gravemente á poboación de un gran número de núcleos, con aeroxeneradores localizados a menos de 300m das vivendas, e que afectarán a varios mananciais que abastecen á poboación local.  Localizado en zona de varias especies ameazadas como o millafre real, ademais afectaría á paisaxe cultural da Ribeira Sacra, catalogada como Ben de Interese Cultural cuxa candidatura para ser Patrimonio da Humanidade debatirase no próximo ano. 

O vindeiro martes 17 de setembro, achegarémonos a Teilán para explicar os impactos que o proxecto eólico/fotovoltaico tería de levarse a cabo. Achegaremos ademais alegacións para quen queira presentalas. O seguinte martes, 24 de setembro, achegarémonos ao local social  de San Xillao de Tor ás 19.30h.

Alega!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal