ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XIII Limpeza Simultánea de Praias

26-10-2024

XIII Limpeza Simultánea de Praias

ADEGA convoca un ano máis a XIII Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña.

Están chamados a participar nesta actividade e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas coma privadas, ademais das persoas particulares.

Se tes interese en participar manda un correo a itziar@adega.gal. Anímate!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal