ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / II Encontro europeo de Montes Veciñais e V...

Do 09-05-2014 ao 10-05-2014

II Encontro europeo de Montes Veciñais e V Congreso da ORGACCMM

II Encontro europeo de Montes Veciñais (venres, 9 maio)

A Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común organiza este venres o II Encontro Europeo de Montes Veciñais, que terá lugar no Hostal Porta de Santiago de Lugo, en sesión de tarde. A este encontro están convidados colectivos e entidades que teñen algo que dicir sobre o Monte Veciñal galego e o desenvolvemento rural.

ADEGA tamén participará co relatorio "Ecoloxismo e áreas comunitarias: punto de encontro e acción", que será pronunciado polo vogal de Medio Rural, Xabier Bruña.

Tras a exposición de todas as palestras, o presidente da ORGACCMM, Xosé Alfredo Pereira dará lectura ás conclusións. O encontro rematará cunha cea de irmandade.

V Congreso Galego de Comunidades de Montes (sábado, 10 maio)

Este acto desenvolverase durante toda a xornada do sábado no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Ao mesmo tamén acudirán representantes de ADEGA que participarán das reflexións que alí se expoñan sobre a xestión e organización dos montes comunais.
Acompañamos o díptico da actividade.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal