ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Bioblitz e Roteiro interpretativo na conca alta...

Do 21-07-2024 ao 11-08-2024

Bioblitz e Roteiro interpretativo na conca alta do río Ulla

ADEGA organiza dúas actividades para dar a coñecer os valores naturais da conca alta do río Ulla.
Este é un espazo único definido por unha xeoloxía moi característica que lle confire ao solo unhas propiedades que permite a vida dunha flora única no mundo.

A primeira actividade será un Bioblitz - Descuberta de biodiversidade, e terá lugar o domingo 21 de xullo en horario de mañá (10h – 14h). Será guiado por persoas expertas e intentaranse identificar todas as especies posibles nunha pequena área da contorna da lagoa de Santiso e as beiras do Ulla. Non se require experiencia previa. Intentaranse atopar novos endemismos para sumar ao listado e pedir a protección que merece este lugar, evitando asi a construción de megaindustrias contaminantes. Esta actividade encádrase dentro dos proxectos denominados de ciencia cidadá.

A segunda actividade será un Roteiro interpretativo, que terá lugar o domingo 11 de agosto, tamén en horario de mañá de 10h- 14:30h. Percorrerase o espazo explicando as peculiaridades da zona e facendo paradas para recoñecemento da flora e fauna máis importante. O roteiro terá un percorrido de aproximadamente 7-8 Km sen moito desnivel.

Participa!

Estas actividades están abertas a todo o público, mais as prazas serán limitadas, polo que é imprescindible anotarse nos formularios:  

Bioblitz:   https://forms.gle/P5zspmBSkartLNzC9

Roteiro: https://forms.gle/HbA7z6iuj7r2jKT16

Máis información: marialafuente@adega.gal

Estas actividades están financiadas pola Deputación da Coruña e colabora Santiso Vivo, Plataforma Ulloa Viva e a Fundación Eira da Xoana.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal