ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividades do programa Eu Quero Razo Baldaio 2024

Do 03-07-2024 ao 10-07-2024

Actividades do programa Eu Quero Razo Baldaio 2024

Dan comezo as actividades de Eu Quero Razo-Baldaio 2024

Un ano máis ten continuidade este proxecto de conservación e hábitos sustentables no litoral de Razo e Baldaio. Entidades como ADEGA desenvolverán as accións relacionadas coa conservación da costa. Tanto o Concello de Carballo como as entidades, buscan a valorización da contorna co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte. 

A maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto, ademais de algún domingo puntual. Podes consultar a programación na seguinte ligazón: PROGRAMA 2024

Dende ADEGA imos desenvolver un programa de 2 actividades na liña de traballo que levamos anos realizando na Costa da Morte e en todo o litoral galego. Estas son en horario de mañá, dirixidas a todos os públicos e as persoas menores deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. As prazas son limitadas.

En xullo mollaremos os pés para "Explorar as pozas da marea" e en agosto poñerémonos mans á obra para a actividade de voluntariado ambiental "Xornada de eliminación de invasoras".

Podes inscribirte nas actividades nas seguintes ligazóns:




      Ligazóns

      Descargas

      ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
      Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
      Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal