ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación pola defensa do territorio....

26-05-2024

Manifestación pola defensa do territorio. ALTRI NON!

A Plataforma Ulloa Viva convoca a poboación galega á primeira gran manifestación contra o proxecto de macrocelulosas de Altri na Ulloa. Terá lugar o próximo domingo, 26 de maio, ás 12:00 horas en Palas de Rei, baixo o lema "Dende a Ulloa ata a ría. Terra, auga e aire son vida!". Unha mobilización imprescindible. Anota a data e súmate!

Autobuses a Palas de Rei

ADEGA poñerá buses desde Compostela e Lugo en coordinación coa CIG:

Desde Santiago de Compostela: Saída ás 10:30 horas desde o local da CIG (Rúa Miguel Ferro Caaveiro,10). Reservas nos teléfonos: ADEGA 981570099 ou CIG 627912542. PRAZAS ESGOTADAS!

-Desde Lugo: Saída ás 10:45 horas diante da Estación de Tren (Praza Conde Fontao).
Reservas nos teléfonos: ADEGA 982240299 ou whatsapp 616950778; CIG 982225812.

Consulta que buses hai desde outras localidades nas RRSS da Plataforma Ulloa Viva ou no documento que adxuntamos.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal