ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 48ª Asemblea Xeral ADEGA: 11 maio, Melide

11-05-2024

48ª Asemblea Xeral ADEGA: 11 maio, Melide

O sábado, 11 de maio de 2024, ADEGA convídate á súa 48ª Asemblea Anual Ordinaria de socios e socias que terá lugar no Edificio Multiusos (Sala de Conferencias), do concello de Melide (Praza das Universidades).

O xantar de confraternización será no Hotel Carlos 96 (Avda. de Lugo, 119). A asemblea clausurarase coa entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2023 e, tras o xantar, realizarase unha visita guiada á contorna afectada pola pretendida fábrica de celulosas Greenfiber de ALTRI, en Palas de Rei.

Orde do día

Sesión de mañá
09:30
1ª convocatoria
10:00
2ª convocatoria e apertura.
10:00 a 10:10
Aprobación, se procede, da acta anterior.
10:10
a 10:30 Informe económico. Compra local.
10:30 a 10:50
Balanzo da actividade 2023 e liñas prioritarias para 2024. 
10:50 a 11:30
Debate e aprobación de informes.

11:30
a 11:45 Descanso

11:45 a 12:15
Altri: acción contra a nova celulosa.
12:15 a 12:40 50 anos de ADEGA. Novo logo.
12:40
a 13:00 Aprobación, se procede, das propostas de resolución.
13:00 a 13:30
Saúdo ás persoas convidadas.
13:30 a 14:00
Entrega Premios Osíxeno e Dioxina 2023 e peche.
14:30
Xantar

Sesión de Tarde

16:30
a 18:30 h Roteiro pola contorna afectada por Altri.

Reservas xantar e roteiro

Admítense ata o luns 6 de maio!

Indica o teu nome e apelido e para que queres facer a reserva, xantar, roteiro, ou ambos os dous.

DEBES ESCOLER entre menú omnívoro (carne ou peixe) ou vegano. Se non indicas as túas preferencias, asignarémoche menú omnívoro.
Se tiveses algunha intolerancia alimentaria, pregamos nolo indiques na reserva. Prezo 20€. Inclúe sobremesa, pan, café e bebida*. 

Contacto
para as reservas: teléfono 981570099; e-mail: xestion@adega.gal 

MENÚS:
Omnívoro:
Entrantes: empada, croquetas, luras, mexillóns, xamón e queixo; Principal: Canón de tenreira estofada á xardiñeira ou Bacallau á galega.
Vegano:
Entrante: Humus de fabas con pementos asados e noces; Princial: Falso arroz de coliflor con verduras salteadas.

De interese...

-Propostas de resolución. Prazo límite para o seu envío: venres, 10 de maio, a organizacion@adega.gal
-Documentación asemblearia.
Recibirás copia dixial no teu correo electrónico antes do 11 de maio.

Os socios e socias de ADEGA recibirán no seu correo electrónico máis información de interese. Permanecede atentos/as!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal