ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de Voluntariado para creación de...

08-05-2014

Xornada de Voluntariado para creación de charcas

A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca unha nova xornada de voluntariado ambiental que se celebrará o xoves 8 de maio. O lugar escollido para esta nova actuación será a Reserva da Biosfera de Allariz, concretamente no Centro de Educación Ambiental O Rexo, onde realizaremos a construción dunha charca. As charcas ou pozas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade, e tamén un importante recurso didáctico para a educación ambiental. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida achegamos a cidadanía a estes lugares e damos ferramentas válidas para a súa conservación.

As actuacións realizaranse no ecoespazo O Rexo,  grazas a un acordo de custodia entre as partes interesadas neste proxecto. A custodia do territorio é unha ferramenta de conservación do patrimonio consistente no acordo entre unha entidade de custodia (ONG, concello, etc) e un propietario ou propietaria para conservar ou recuperar os valores ambientais e culturais dun espazo concreto.

Charcas con vida é unha inciativa que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

O voluntariado contará con seguro de accidentes e a comida durante a xornada que durará todo o día.
Para participar é preciso inscribirse nos tlfs: 981 57 00 99 ou no 669 80 69 08; tamén por correo electrónico: lucia@adega.gal

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal