ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre especies invasoras en Mondariz

Do 12-04-2024 ao 26-04-2024

Exposición sobre especies invasoras en Mondariz


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, continúa coas actividades enmarcadas no Proxecto Fluviatilis, que ten como obxectivo dar a coñecer os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais, así como promover actitudes e comportamentos que derivan nunha mellora dos ríos. 

Este venres 12 de abril, ADEGA fará a súa terceira parada en 2024 nos centros educativos coa exposición sobre especies exóticas invasoras 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza'. En concreto, ADEGA instalará esta mostra no CPI de Mondariz, onde tamén realizará unha visita guiada e unha saída ao río Tea o mesmo día da instalación. A exposición estará no centro docente durante dúas semanas, ata o 26 de abril. 

Deste xeito, a asociación ecoloxista amosará ao alumnado de primeira man a problemática das especies invasoras para os ecosistemas fluviais e tamén desde o punto de vista económico e para a saúde humana; e daranse a coñecer as principais especies presentes nos ríos de Galiza. 

Proxecto Fluviatilis

As actividades de educación, sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, incluídos os centros educativos, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal