Do 20-03-2024 ao 17-04-2024
A asociación ecoloxista ADEGA pon a disposición da cidadanía este modelo de alegacións contra a macrocelulosa que proxecta a empresa portuguesa ALTRI (Greenfiber) en Palas de Rei. Poden presentarse ata o mércores, 17 de abril, en calquera concello, Xunta ou administración xeral do Estado, tanto de forma física como a través de rexistro electrónico.
Trátase dunha factoría que prevé producir 400.000 toneladas de celulosa soluble e 200.000 de 'lyocell', un tecido fabricado a partir de pasta de madeira. A macrocelulosa prevé ser dez veces maior ca Ence, lindaría coa zona de especial conservación (ZEC) da Serra do Careón, perpetuará o monocultivo de eucalipto en Galiza e terá unha enorme demanda de auga que poñerá en perigo o río Ulla e o mar de Arousa.
Alega! Galiza non merece este modelo de industria que arrasa co patrimonio natural e o medio ambiente!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal