ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Acto Mulher, Terra e Língua en Xinzo de Limia

27-03-2024

Acto Mulher, Terra e Língua en Xinzo de Limia

A Academia Galega da Língua Portuguesa celebra os seus 15 anos con 12 meses de actos públicos. "Mulher, Terra e Língua" é o nome do encontro que terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o próximo mércores, 27 de marzo, e no que participará a asociación ecoloxista ADEGA da man de Adela Figueroa Panisse. A xornada desenvolverase ao longo da tarde, desde as 17:00 ata as 20:00 horas. Achégate!


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal