ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración cívica en defensa da...

17-04-2014

Concentración cívica en defensa da praia da Madalena

COMUNICADO DE PRENSA DE SOMOSCEDEIRA E ADEGA: Temos o pracer de convidar A TODO AQUEL QUE DESEXE ASISTIR LIBREMENTE a acompañarnos nas actividades abertas a TODAS/OS, que a plataforma cívica SomosCedeira xunto á organización ecoloxista ADEGA, imos desenvolver para informar da problemática da praia da Madalena de Cedeira, e da actividade feita a prol da súa recuperación.

Este xoves 17 de abril, en Cedeira, SomosCedeira e ADEGA-Ferrolterra convoca á cidadanía ás 12 h na Ponte Nova, entre a Praza do Peixe e a Praia da Madalena, en defensa da nosa praia!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal