ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Mesa redonda sobre Altri no Auditorio de Rianxo

16-03-2024

Mesa redonda sobre Altri no Auditorio de Rianxo

O secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, participará na mesa redonda informativa sobre os impactos do proxecto de celulosa de Altri na beira do Ulla, en Palas de Rei. O acto terá lugar o próximo sábado, 16 de marzo, ás 11:30h, no salón de actos do Auditorio de Rianxo. Canda a Fins Eirexas tamén intervirán Marta Gontá, da plataforma Ulloa Viva, e María Porto, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Carril. Acude!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal