ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Eu Quero Proxecto Ríos

Do 02-02-2024 ao 31-05-2024

Eu Quero Proxecto Ríos

Queridas amigas e amigos do Proxecto Ríos:

Queremos compartir con vos que Augas de Galicia vén de retirar o seu apoio económico e institucional a todo o programa de actividades de Proxecto Ríos para o ano 2024. Por este motivo poñemos en marcha esta campaña de apoio para facer un chamamento ás administracións públicas e a todos aqueles organismos con competencias en educación ambiental, voluntariado e conservación dos ríos e augas, para que invistan no proxecto de educación e voluntariado ambiental con maior traxectoria e implantación en Galiza, garantindo a súa continuidade futura.

Con este propósito,  promovemos a campaña #euqueroproxectoriosdentro da cal pódese amosar o apoio de tres maneiras:

  1. Asinando o formulario de apoio.
  2. Nas redes sociais. Empregando a imaxe da campaña #euqueroproxectorios para facer unha publicación ou poñela nas 'stories'.
  3. Asinando a carta de apoio (destinada a aquelas entidades e grupos que participan no Proxecto Ríos) e enviándoa por correo electrónico a proxectoriosgaliza@gmail.com
Aproveitamos para manifestar o noso profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que forman parte desta gran comunidade ambiental ligada ao coidado dos ríos galegos por amosarnos o seu apoio e confianza ao longo destes anos.

 Continuamos “Unindo Ríos e Persoas”!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal