Inicio / Axenda / Outras actividades / Como traballar o cambio climático e o...
Do 26-09-2023 ao 23-10-2023
CIG-Ensino, en colaboración con ADEGA, pon en marcha o curso "O cambio climático e os impactos ambientais no ámbito galego. Recursos didácticos para traballar nas aulas", impartido por María Rodríguez Lafuente e Lucía Parente.
En formato online e cunha duración de 30 horas, este curso desenvolverase do 26 de setembro ao 23 de outubro, e ten como obxectivo a facilitación de recursos ao profesorado para motivar o alumnado e promover interese por cuestións medioambientais, e sobre todo, para coñecer e conservar a súa contorna máis próxima, cumprindo así os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
As actividades que se presenten terán un marcado perfil competencial, xa que permiten investigar e espertar curiosidade cara aos seres vivos e ecosistemas que nos rodean, xerar pensamento crítico e usar aplicacións para desenvolver as TICs. Todo, nunha atmosfera de participación, igualdade e respecto entre o alumnado.
O prezo do curso é de 65 euros (Afiliadas/os CIG | AS-PG 15 €).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal