ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Charla en Lugo: Ti podes paralos! A...

07-07-2023

Charla en Lugo: Ti podes paralos! A depredación eólica nos Ancares

O vindeiro venres 7 de xullo ás 20h no CS Mádia Leva, a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha charla informativa sobre a depredación eólica nos Ancares, e a presentación da campaña “Ti podes paralos!”, coa que ADEGA pretende recorrer xudicialmente a recente autorización dos parques eólicos Chao do Marco, Serra do Furco, Serra da Piñeira e Serra do Colmo.

Intervirán María Osorio, veciña e integrante da Asociación Cultural da comarca dos Ancares Rente ao Couce, e Lucía Anido, en representación de ADEGA-Lugo.

Na charla haberá un peto para contribuír solidariamente coa campaña. A través da ligazón da campaña Ti podes paralos! pódese contribuír a un parque eólico en concreto.



Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal