ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Actividades "Hora do Planeta 2014": A...

25-03-2014

Actividades "Hora do Planeta 2014": A contaminación lumínica na USC

PROGRAMA

20:30-21:00 Presentación
Salón Luaces - R.U Monte da Condesa. A hora do Planeta 2014: qué é?, porqué participar?, cómo participar? A actividade: qué faremos? Porqué o facemos? Introdución ao aforro enerxético e a contaminación lumínica.

21:00-21:30 Roteiro
No roteiro procederemos a un primeiro exercicio de observación astronómica e de medición da Contaminación Lumínica mediante o sistema de conteo de estrelas, para seguir ao longo do roteiro parando en determinados puntos nos que reflexionaremos sobre o desbaldimento
enerxético e os diferentes impactos da Contaminación Lumínica no noso medio. Ao longo do roteiro, o secretario executivo e vogal de enerxía e cambio climático de ADEGA, Fins Eirexas, acompañaranos para falar dos impactos do despilfarro enerxético en Galicia.

21:30-22:00 Visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Visita as instalacións do observatorio, onde nos explicaran a importancia dunha ilumación eficiente para a observación astronómica.

22:00-23:00 Sesión de clausura e debate
Cafetería do Colexio Maior Fonseca
Para rematar a xornada procederemos a unha sesión de debate sobre os puntos tocados ao longo do roteiro e da visita ao observatorio, na que se servirá unha bebida quente e biscoito.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal