Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental na Illa de...
Do 24-03-2023 ao 26-03-2023
Realizaremos labores eliminación manual de flora exótica invasora na Illa de Sálvora (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas), eliminando manchas de Zantedeschia aethiopica e Phytolacca americana.
Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os posibles rebrotes.
As persoas voluntarias terán cubertos os gastos de aloxamento e manutención, e contarán cun seguro de responsabilidade civil e accidentes. Tamén disporán da ferramenta axeitada para realizar as labores de eliminación.
As prazas son limitadas. É necesario inscribirse.
Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando a ficha de pre-inscrición a maria.amigo@adega.gal ou ben chamando ao 628 378 804.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal