ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Presentamos o III Curso Técnico de...

Do 15-09-2022 ao 28-09-2022

Presentamos o III Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada impartido por ADEGA

En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Tomiño.

O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe, coñecer e determinar a calidade do compost e os seus usos e manexar os composteiros domésticos e comunitarios.

Ten unha duración de 100 horas presenciais, tanto teóricas como prácticas orientadas a controlar todos os aspectos dos proxectos de compostaxe descentralizada e xestión sustentable dos residuos. A duración do curso é dende o 3 ata o 31 de outubro en horario de mañá.

A formación é de balde e está destinada a persoas desempregadas. As prazas son limitadas e realizarase unha selección previa.

Ao finalizar o curso, as persoas participantes que o superen recibirán un certificado, así como asesoramento e orientación na procura de emprego.

Inscricións ata o 28 de setembro.

Inscrición

Máis información en:

compostaxe@adega.gal

628 378 804

Apúntate ao curso e difunde!

Este proxecto foi cofinanciado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa empleaverde, iniciativa para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

"Acción gratuíta confinaciada polo FSE". "Conseguir formación e un emprego de calidade"

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal