ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XI Limpeza simultánea de praias para o 14...

Do 14-10-2022 ao 15-10-2022

XI Limpeza simultánea de praias para o 14 e 15 de outubro

Una ano máis dende  a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizamos a XI Limpeza Simultánea de Praias  

Como todos os anos esta convocatoria da Limpeza Simultánea de Praias vaise celebrar en outubro (14 e 15 de Outubro) . O que se pretende con esta limpeza é, ver o impacto do turismo nos nosos areais, e  intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.  

ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, mariscadoras, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.  

Como sabedes cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha gran parte chega das nosas casas.

O obxectivo destas limpezas é eliminar parte dos residuos que están nas praias, así como dar unha chamada de atención sobre esta problemática.
 

As entidades participantes contarán con asesoramento, material divulgativo, protocolo de limpeza e publicidade.  

Se tedes interese en participar contacta con nós escribide un correo a : itziar@adega.gal ou chamando ao : 699 217 310  


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal