ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Mesa Redonda Salvemos A Ruña

10-09-2022

Mesa Redonda Salvemos A Ruña

ADEGA participará na mesa redonda organizada pola plataforma veciñal Salvemos A Ruña que terá lugar este sábado, 10 de setembro, en Mazaricos. Este espazo natural atópase actualmente ameazado polo proxecto dunha central hidroeléctrica de bombeo que promove XEAL (antiga Ferroatlántica). Neste acto público, o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, informará sobre o previsbile impacto medioambiental que terá esta central hidroeléctrica de bombeo no alto da Ruña, e que podería afectar non só á biodiversidade da zona, senón tamén á veciñanza.

O acto, convocado pola plataforma Salvemos A Ruña, será aberto ao público xeral, ademais de á veciñanza afectada. Comezará ás 12 horas do sábado 10, na Casa de Cultura de Mazaricos.

Ademais de ADEGA, participarán na mesa redonda un representante da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o xeólogo emérito da UDC, Xoán Ramón Vidal Romaní.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal